A exposición pública o padrón para a taxa do lixo do Consorcio das Mariñas

O presidente e a vicepresidenta do Consorcio, Santiso e Barral

O pasado día 14 o Boletín Oficial da Provincia (BOP) recollía o anuncio de aprobación inicial do padrón fiscal da taxa pola recollida e tratamento de residuos urbanos e asimilados correspondente ó segundo semestre do ano 2019, que rexerá para os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral e Sada.

Durante trinta días, contados a partid do seguinte ao da publicación, o Padrón quedará exposto ó público na Sede do Consorcio, sita no Lugar de Bos, naves O Carballal, 4, Guísamo, Bergondo. Durante o mencionado prazo poderanse presentar as reclamacións oportunas, por calquera dos medios previstos no ordenamento. O Padrón fiscal entenderase aprobado definitivamente si, no prazo de exposición ó público, non se presentase reclamación algunha.