A exposición pública a extinción dunha minicentral no Mandeo

Unha vista do couto de Chelo

O Mandeo ten varias minicentrais que cortan o seu transcurso ata o mar, e algunha outra aprobada que non saltou do papel á realidade. Neste escenario, Augas de Galicia acaba de facer público o expediente de extinción dunha concesión de aproveitamento hidroeléctrico no río Mandeo.

Trátase da que ten outorgada Enel Green Power España, segundo o anuncio publicado onte polo Boletín Oficial da Provincia. Un aproveitamento que abarca os municipios de Aranga e Curtis.

Segundo o anuncio oficial, a causa da extinción é o fin do prazo da mesma. A Xunta abriu un prazo para presentar alegacións á extinción deste aproveitamento hidroeléctrico. As persoas interesadas en consultar o expediente dispoñen de trinta días de prazo