A deputación subvenciona os socorristas das piscinas de Coirós, Abegondo, Curtis e Oza-Cesuras

Imaxe da piscina de Paderne

A Deputación da Coruña destina 306.000 euros para financiar a contratación de socorristas nas piscinas municipais e praias fluviais de 43 concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o importe concedido a cada un dos municipios solicitantes, con achegas económicas que oscilan entre os 3.500 e os 9.800 euros por concello, e que se destinarán á contratación de socorristas durante a tempada estival por un período máximo de tres meses. Xunto co programa de limpeza de praias, supón a creación de arredor de 300 empregos na provincia durante o verán.

Os concellos que contarán con servizo de socorrista subvencionado pola Deputación este ano son A Baña A Capela, As Pontes, As Somozas, Abegondo, Ames, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cambre, Carral, Cerceda, Cerdido, Coirós, Coristanco, Curtis, Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Moeche, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado dos Monxes, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo, Zas, O Pino e Oza-Cesuras. Non así as de Betanzos ou Paderne