A Deputación financia o servizo de Asesoría Xurídica Social do Consorcio das Mariñas

Valentín Formoso (PSOE) e Goretti Sanmartín (BNG), presidente e vicepresidenta da Deputación

O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente do Consorcio das Mariñas Jose Antonio Santiso Miramonetes, asinaron esta mañá na sede da institución provincial o convenio para o mantemento da Asesoría Xurídica Social do Consorcio das Mariñas durante o ano 2019, un servizo que dende hai anos vén prestando apoio xurídico especializado a persoas e familias derivadas polos servizos sociais dos oito concellos que integran o Consorcio (Abegondo, Betanzos, Bergondo Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada)

A Deputación da Coruña subvenciona este ano preto do 77% dos custes do servizo cunha cantidade anual que ascende a 60.000 euros e que permite a contratación de dúas asesoras xurídicas especializadas en cuestións sociais (estranxería, desafiuzamentos, dereito de familia…) e dun administrativo.

Segundo explicou Valentín González Formoso, o servizo recibiu o ano pasado 960 consultas que teñen coma fin ofrecer apoio xurídico e asesoramento na resolución de conflictos ou problemáticas que se podan presentar tanto a persoas ou familiasen situación de vulnerabilidade coma aos propios profesionais que integran os equipos técnicos dos servizos sociais comunitarios dos concellos do Consorcio das Mariñas.

Tras unha valoración inicial por parte dos servizos sociais de cada concello a persoa é derivada ao servizo, a través dun protocolo xa establecido. A atención, sempre é no propio concello de cada persoa usuaria do servizo.

As actuacións non se limitan a un simple asesoramento e orientación xurídica, senón que tamén se realiza a tramitación de procedementos, a elaboración de documentos, xestións ou intermediacións ante outros organismos ou entidades, mediación, apoio ao servizo de xustiza gratuita prestado por outros profesionais, etc.

A atención e a frecuencia de asistencia a cada concello se organiza en función da demanda e da poboación que hai en cada unha deles, asi vai dende os cinco días de atención mensuais nos concellos de mais poboación (Culleredo, Cambre e Oleiros) aos tres días ao mes nos mais pequenos (Abegondo, Carral e Bergondo), pasando polos catro días de atención nos dun tamaño intermedio (Betanzos e Sada).

É un servizo moi valorado por todos os concellos, dada a súa alta especialización e a que poucos deles poderían disponer del por si mesmos. Ademais proporciona unha formación permanente aos profesionais dos equipos ao respeto das novedades lexislativas que se poidan producir no seu ámbito de actuación.

A calidade da atención, a súa organización e a novedosa metodoloxía de intervención fai que este servizo sexa unha referencia a nivel autonómico no ámbito dos servizos sociais.