A Deputación amplía os prazos dos procedementos tributarios e apraza o inicio do cobro do IVTM ou rodaxe

En aplicación do Real decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación de todos os procedementos tributarios que xestiona a Deputación da Coruña.

En consecuencia, os prazos vixentes de pago de todas as taxas e impostos pendentes quedan en suspenso e van ser ampliados, polo que a cidadanía non debe preocuparse se ten un trámite pendente cos servizos de xestión e recadación tributaria da Deputación.

Adiamento do cobro da rodaxe (IVTM)

O goberno provincial informa tamén de que a primeira campaña de recadación voluntaria deste ano, na que se cobran o imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) e outras taxas, queda aprazada ata novo aviso. Todos os concellos da nosa comarca teñen delegado no ente provincial a recadación deste IVTM.