A Deputación achega 18 000 euros para o funcionamento do Conservatorio

Goretti Sanmartín, deputada de Cultura, xunto ao exalcalde e o voceiro do BNG nunha visita ao CIEC

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina un orzamento de 360 000 € ás escolas de música e danza e conservatorios de 30 concellos. A liña de axuda ten como obxectivo garantir a formación artística en todo o territorio.

Un total de 360.000 € é o orzamento que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina nesta edición á convocatoria de subvencións a concellos para o mantemento de conservatorios, escolas de danza e música municipal. Son 3o os concellos beneficiarios que reciben axudas que van de entre 20.000 e 8.500 €.

 

Tamén leva 9500 a escola de música de Abegondo

O Conservatorio ocupa os restos do mosteiro de San Francisco

A Baña, As Pontes de García Rodríguez, Abegondo, Ames, Arzúa, Betanzos, Brión, Cabana de Bergantiños, Carballo, Carnota, Cee, Culleredo, Lousame, Melide, Mugardos, Muros, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Padrón, Ponteceso, Porto do Son, Ribeira, Rois, Sada e Santiago de Compostela son os concellos que reciben axuda para os seus centros de formación artístico. Dous deles, concorreron á liña de axuda para dúas escolas formativas distintas, son o caso de Arzúa, coa escola e o conservatorio, e Oleiros, que se presentou co centro de danza e o de música.
“A área de Cultura da Deputación da Coruña inclúe a liña de apoio a conservatorios e centros de danza e música municipais no seu mapa de axudas porque consideramos fundamental promover a formación artística en todo o territorio e, ás veces, en concellos pequenos as escolas son única posibilidade de formación artística”, sinala a vicepresidenta e deputada da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.

Neste sentido, destaca que os centros municipais de música e danza “non só contribúen a crear novos e novas artistas senón que se converten en centros dinamizadores para toda a veciñanza, cumprindo un papel fundamental na difusión da cultura”.

Para máis información da resolución pódese consultar a publicación no BOP.