A asociación Irmáns Suárez Picallo presenta o número 20 da súa revista Areal

A Asociación Irmáns Suárez Picallo presenta mañá, venres 17 de xullo, o número 20 da súa revista Areal. O acto, tras meses de actividade telemática, celebrarase na Casa da Cultura de Sada a partir das 20.00 horas.

Tras case dez anos de traxectoria, o colectivo renovou a revista con novo formato, estética e contidos. Unha das novas seccións correrá a cargo de Sergio Modia.