A Asociación de Amas de Casa de Miño doa media tonelada de doce elaborado á Cociña Económica na súa ‘Operación Membrillo Solidario 2019’

Unha quincena de mulleres deste colectivo miñense colleitaron as mazás no Pazo de Mariñán e posteriormente elaboraron compotas e marmelo. Nada menos que 500 quilos de compota e marmelo levaba o pasado venres de Miño para a Cociña Económica o presidente da entidade, Jacinto Torres.

A doazón é o froito do traballo de 15 mulleres da Asociación de Amas de Casa de Miño que ano tras ano, e van xa tres, seguen sacando adiante a ‘Operación Marmelo Solidario’. Cando chega o outono reúnense e acoden ao Pazo de Mariñán para colleitar as mazás que colgan das árbores nos seus xardíns e que doutro xeito podrecerían.

Á entrega do resultado deste traballo acudiu o presidente da Cociña Económica, Jacinto Torres, así como o deputado provincial e portavoz do Goberno Provincial, Bernardo Fernández, en representación da Deputación da Coruña, e diferentes membros da corporación municipal entre os que estaban o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo.