Xesús Fraga gaña o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil

libros2Reo, unha historia protagonizada por un grafiteiro adolescente, valeulle ao betanceiro Xesús Fraga facerse co Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil na súa novena edición. O traballo de Fraga impúxose entre as 34 novelas presentadas por “escoller unha temática actual e unha linguaxe directa para rescatar valores”, segundo sinalou o xurado e mais pola súa aposta por “falar da identidade dun rapaz adolescente que manifesta as súas inquedanzas a través da cultura urbana”. O autor levará o premio de 6.500 euros que concede a Deputación da Coruña e verá a súa obra publicada.

Xabier López gañou o Xerais de Novela

O bergondés Xabier López recolleu recentemente na Illa de San Simón o Xerais de novela. O xurado do premio literario máis prestixioso do país decidiu conceder o premio a este veciño de Betanzos ao entender a súa obra  Cadeas como “unha historia de historias”, cun modo de narrar contemporáneo. Unha novela “chea de personaxes magnificamente ben construídos, cruzada de referencias culturais e enraizada na tradición fabuladora da terra sobre a que escribe: esta que pisamos”.