
Hermida nun acto electoral do PSOE
Se ás nove e tres minutos de onte Andrés Hermida aseguraba que “no me arrepiento de nada” e acusaba á veciña que o grabou de “esconderse detrás de un móvil”, horas despois, probablemente forzado polo partido, si que se arrepentía. “Lamento y pido disculpas por la situación”, viña dicir no novo texto, publicado en substitución do anterior ao fío das cinco da tarde o edil e candidato do PSOE ás aleccións adiadas ao Parlamento de Galicia.