Vacinados persoal e residentes da Residencia de Anciáns e do centro Pai Menni

O centro Pai Menni

O SERGAS informou que xa se administrou a primeira dose da vacina contra a covid-19 ao persoal e residentes da residencia de Anciáns García Irmáns, do Coto, e mais ao do centro Pai Menni.

Ambos colectivos sitúanse no primeiro bloque de persoas prioritarias na vacinación contra o coronavirus, que desde hoxe se extende ao persoal sanitario en primeira liña contra a pandemia, incluídos segundo o SERGAS os que prestan os seus servizos nos centros de saúde.