Uns 25 produtores citaranse na VII Mostra de Viños e Produtos da Reserva da Biosfera

Unha horta con tomates na comarca

Vintecinco produtores expoñerán as súas especialidades na VII Mostra de Viños e Produtos da Reserva da Biosfera, que se celebrará no Campo entre o 14 e o 15 de setembro. Entre a oferta, ademais do viño da IXP Viños da Terra de Betanzos, haberá ovos ecolóxicos, queixos, ecoarroces e conservas vexetais.

O programa do certame inclúe ademais showcooking de Adrián Felípez (Faragulla) con maridaxe en directo da catadora Sonia Molero ( Uvepositivo); de Lolo Mosteiro e Paula Martínez (A Artesa da Moza Crecha), e de Beatriz Sotelo. Ademais, o sábado 14 haberá talleres a cargo de Nuria Calo ( As Camposeiras), que presentará “Residuos 0: Reaproveitar o que Hai”, e de Begoña Pena (Olor e Sabor) e Juan Gómez (A Cova do Frade), que demostrarán que “Sen Horta non Hai Cociña”.

Haberá bonos degustación para probar os diversos produtos, á venda xa na oficina de turismo de Betanzos.