Unha unidade móbil recollerá doazóns de sangue os días 3 e 4 de abril no Campo

Praza do Campo

A unidade móbil de Doa Sangue estará na praza Irmáns García Naveira os días 3 e 4 de abril, en horario de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 21:00 h o venres, e o sábado, 4 de abril de 10:00 h a 15:00 h

ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia. “O noso traballo depende da colaboración diaria dos concellos galegos e aínda máis nestas circunstancias” explican.

As persoas que acudan a doar sangue teñen que pedir CITA PREVIA no teléfono gratuito 900100828. No desprazamento dos doantes de sangue ás unidades móbiles ou locais de doazón, poden amosar o SMS de confirmación de cita ou a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.