Unha unidade móbil para donar sangue estará no Campo o 7 e 8 de outubro

Praza do Campo

A unidade móbil de Doa Sangue estará na praza Irmáns García Naveira os días 7 e 8 de outubro, entre as 16:00 e as 21:00 horas. Trátase dunha das unidades móbiles con que conta a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.