Unha unidade móbil de doazón de sangue parará no Campo os 9 e 10 de agosto

Praza do Campo

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), desprazará a Betanzos unha unidade móbil os vindeiros 9 e 10 de agosto para recoller doazóns. O autobús estará emprazado en horario de mañá e tarde na praza do Campo para facilitar as aportacións.

Esta entidade integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.