Unha mostra fotográfica no adro de San Domingos recorda a Feira Franca

A expulsión dos leprosos é un clásico desde a primeira edición da Feira Franca Medieval

Esta fin de semana sería a Feira Franca Medieval. a da maioría de idade. Mais a covid-19 impediuno. O goberno local resístese a deixar pasar a data sen máis e reciclou a exposición de cubos do 800 aniversario rotulándoa con fotografía en grande formato de momentos icónicos da festa de recreación histórica.

Desde onte ata fin de mes estarán no adro de San Domingos a expulsión dos leprosos, a carreira de bocois, o séquito de Pérez de Andrade,… Unha maneira distinta de recordar a Feira Franca.