Un roteiro deportivo-divulgativo entre Espenuca e O Pedrido terá lugar o 26

Un roteiro contra o paseo fluvial polo Carrizal de San XIao. Foto extraída do facebook do BNG comarcal

O Concello organiza unha actividade que combina sendeirismo. kaiak e divulgación ambiental. A ruta, que vai desde Espenuca ata o Campo dos Caneiros, continuará ata o Pedrido para quen opte por completar o sendeirismo co kaiak.

A saída será ás 10:30 h do Cantón Claudino Pita, traslado en autobús ata Espenuca (Coirós). Roteiro de sendeirismo de interpretación ambiental ata o Campo dos Caneiros chegando sobre as 13:00 h. Os participantes que continuen nos kayaks xantarán, e logo descenderán polo río ata O Pedrido, chegada aprox. ás 18:00 h, e o resto dos participantes continuarán camiñando ata Betanzos para chegar sobre ás 14:00 h.

Inclúe dous guías especializados, 13 kayaks dobles, palas, chalecos salvavidas, seguros. A idade mínima é de 14 anos para baixar nos kaiaks. As persoas que realizen o descenso en kaiak deberán levar roupa e calzado axeitado que se poida mollar e tamén para cambiarse ao rematar a travesía.

A actividade está prevista para 26 persoas para o descenso en kayaks e 50 en total.