Un plan provincial renovará as rúas Seijo Rubio e Concepción Arenal

Un treito da rúa Seijo Rubio

O goberno local anunciou que renovará as rúas Concepción Arenal e Pintor Seijo Rubio con cargo ao POS+ de 2019, aínda por contratar. Asegura que deste xeito logrará “completar así os proxectos realizados na rúa Venezuela e os que se levan a cabo actualmente en Tomás Dapena e Alcalde Beccaría”.

Investirase arredor de 350 000 euros. En concreto, na rúa Concepción Arenal as obras consistirán na reordenación da rúa e a mellora da pavimentación cun custo de algo máis de 79 000 euros mentres que en Pintor Seijo Rubio os traballos alcanzarán os 255 000 euros. Consistirán na renovación dos servizos da rúa e na pavimentación, unhas obras similares ás realizadas noutras rúas de Betanzos.