Trescentas persoas participan na festa do Pai Menni

O centro Pai Menni está á beira da estrada a Santiago

Máis de 300 persoas participaron o sábado na décimo cuarta edición da Festa en honra a San Benito Menni, padroeiro do centro asistencial homónimo.

A cita reuniu a usuarios, familiares, colaboradores, voluntarios e representantes de asociacións como Aspronaga, Pascual Veiga e Aspaber e membros do goberno local nunha misa celebrada polo bispo auxiliar de Compostela.

Logo tivo lugar unha exhibición a cargo da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e a orquestra Caché amenizou o baile tras a comida no centro.