Tiobre celebra as súas festas patronais esta fin de semana na honra de San Martiño

Igrexa de San Martiño de Tiobre cun carballo en primeiro termo. Turgalicia

O vindeiro día 11 celébrase a festividade de San Martiño de Tours, e a parroquia de Tiobre ten todo listo xa para festexar ao seu patrono. Dianas e alboradas darán inicio aos festexos este sábado día 9, seguidos dunha misa solemne á 1 da tarde no templo que consagrara o gran Diego Xelmírez. Los Trobadores correrán coa sesión vermú, ao acabar o oficio, e mais coa verbena, desde as nove do serán, que estarán acompañados á noite polo grupo Karamba.

Ao día seguinte dianas e outra misa solemne á 1 darán paso a Carlos Manteiga, que fará a sesión vermú fin de festa. O campo estará cuberto cunha carpa, dado que se agardan choivas copiosas.