Soledad Felloza acerca aos centros de ensino a figura de Fraguas

Unha vista dos xardíns do IES Francisco Aguiar

O vindeiro xoves 16 de maio, dentro do Programa das Letras Galegas 2019 o Concello de Betanzos programa, en colaboración dos Equipos de Dinamización Lingüística do IES As Mariñas, o IES Francisco Aguiar, e o CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” tres sesións do espectáculo “Do teu xardín…marabilla. Literatural oral de Galicia” de Soledad Felloza sobre o escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Antón Fraguas.

O espectáculo terá lugar nos salóns de actos dos centros de ensino de secundaria ao longo da mañá e está previsto que asistan arredor de douscentos cincuenta alumnos e alumnas de ESO dos tres centros. Os contos e lendas debuxan o mapa do imaxinario de Galicia.

Cando os traballos precisaban da participación da comunidade, vendima, malla, sega, moenda… homes, mulleres e nenos convivían por días, compartían xantares, tarefas, risos e cantos. Despois dos traballos chegaban os tempos da festa, a festa na aldea ten sempre algo de misterio. Todas estas historias achegaránselle aos máis novos e novas.