Síntese en Betanzos un terremoto de magnitude 3 con epicentro en Frades

Con epicentro no concello de Frades, un terremoto de magnitude 3 na escala Ritcher sacudiu na noite do sábado ao domingo boa parte da provincia da Coruña. Entre os municipios nos que o sismo foi percibido están O Pino, Ordes, Oroso, Betanzos, Oza-Cesures, Tordoia, Carral, A Baña, Santiago de Compostela, Lugo e Outeiro de Rei.

Segundo informa Europa Press, os servizos de emerxencias non certificaron que se produciron danos materiais nin persoais por mor deste movemento de terra.O sismo, de magnitude 3 e intensidade 2, sentiuse sobre as 01,58 horas do pasado domingo.

O Instituto Xeográfico Nacional recolleu esta información, na que detalla que o tremor foi de magnitude tres na escala de Ritcher, en referencia á cantidade de enerxía liberada polo terremoto, e contou cunha intensidade correspondente ao nivel dous.