Setembro oferta seis novos cursos na Aula CeMIT

Acceso á Aula CeMIT, no antigo convento de San Domingos

Un total de seis cursos compoñen a oferta formativa da Aula CeMIY para o vindeiro mes de setembro. Arrincará con “Iniciación á informática os días 9,10,11,12 e 13 de de setembro de 10:00 h a 11:30 h.

Rendibilizar as posibilidades dos novos soportes informáticos son unha das prioridades formativas deste mes. Así, do 16 ao 20, no mesmo horario, aprenderase a tirar o máximo partido ao móbil. E de 12 a 13:30 h, nas mesmas datas, tocaralle o turno a exprimir as posibilidades das tablet. Complétase cun obradoiro sobre email no móbil, o 27 de setembro desde as 10 da mañá.

O outro grande tema será a empregabilidade. Do 24 ao 26 de setembro de 10 a 11:30 h aprenderase a operar nos portais de busca de emprego. Este obradoiro ven precedido doutro que, o día 23, no mesmo horario, aprenderá a elaborar o currículum.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT, sita no antigo convento de San Domingos.