Seis cursos este outubro na Aula CeMIT

Acceso á Aula CeMIT, no antigo convento de San Domingos

Con un curso sobre aplicacións móblies para banca arrinca un novo mes na Aula CeMIT. Sería os días 1 e 2 de 10:00 a 12:00 horas. A oferta continúa con outro obradoiro de aplicacións de redes sociais no móbil no mesmo horario os dous días seguintes.

Prevención de estafas en internet, por videoconferencia, será a seguinte sesión xa o día 8, de 17:00 a 18:30 horas. O 10 será o turno de E-Saúde, a partir das catro e media da terde. Ademais, a aula axuda a preparar o examen CODIX, os días 7,8,9,10,14,15,16,17,21,22,23 24,28,29,30 e 31 de 0utubro de 10 a 12h en sesión por videoconferencia dende Boiro, Cuntis, Oroso e Santa Comba.

Os obradoiros de outubro acabarán con mecanografía os días 14,15,16,17,21, 22,23 e 24 de outubro de 16:30 a 18:00 horas. Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT, en San DOmingos.