Santa María acollerá o Concerto da Ilusión o vindeiro día 1

Concerto da Banda en Santa María. Fotografía do Concello

Con motivo da festividade de Santa Icía, padroeira da música a oxival de Santa María do Azougue acollerá o vindeiro domingo, día 1, o concerto da Ilusión. Neste recital  Banda Municipal dá oficialmente a benvida aos seus novos integrantes, procedentes do Conservatorio Municipal.

A cita será a partir das oito do serán e a entrada é libre ata completar aforo.