Sanidade dá por extinguido o episodio de covid-19 no Pai Menni

O centro Pai Menni

A Consellería de Sanidade deu por finalizado o episodio de covid-19 detectado no centro de atención a persoas con discapacidade intelectual Pai Menni. No seu balance diario, o departamento autonómico exclúe da listaxe de positivos aos 12 usuarios e o traballador que se atopaban afectados no centro brigantino.

Pai Menni reproducía xa no seu parte de incidencias sobre a covidia do pasado 8 de maio a mesma información: 13 casos detectados, pero ningunha persoa illada xa por cuarentena nin novos casos, o que anticipaba xa a mellor resolución posible para o suceso. O centro, porén, mantén operativos todos os protocolos de prevención e limpeza.