
Cabeceira da igrexa de San Francisco
San Francisco foi declarada monumento nacional hai cen anos. Esta catalogación, que actualmente se integra nos bens de interese cultural (BIC) permitiu conservar e restaurar o centenario cenobio franciscano nun par de ocasións. Agora, cen anos despois, os pais franciscanos queren festexar cunha festa ese recoñecemento.
Será o 16 de novembro cun concerto no interior do templo. Luar na Lubre será a banda elixida para conmemorar a efeméride. As entradas custarán 8 euros e poderanse retirar do 4 ao 15 de novembro, en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 horas na propia igrexa.