Sae da vía na rotonda das Cascas e cae contra o Lavadoiro

O Lavadoiro das Cascas

Unha carroceta saíuse da vía onte cando tomaba a rotonda das Cascas. O suceso rexistrouse en torno ás cinco da tarde, cando, por causas que se descoñecen aínda que se sospeita da presenza de auga na calzada, un pequeno camión que circulaba en dirección ao centro da cidade perdeu o control e foi colisionar contra o valado que pecha a finca do Lavadoiro das Cascas tras alcanzar un turismo.

ao non poder resistir o impacto, o vehículo precipitouse á zona de tendedeiros do recinto do lavadeiro.

Ata o lugar desprazáronse servizos de emerxencias, como Bombeiros do parque comarcal e Policía Local. Para retirar a carroceta do entorno do lavadoiro foi preciso o concurso dun guindastre. O sinistro saldouse sen feridos de gravidade malia o aparatoso do suceso, se ben o conductor do turismo foi evacuado ao PAC do Carregal.

O suceso produciuse nun intre en que as precipitacións que caían eran abondosas.