Sada retoma o feirón este sábado, Betanzos a feira o día 1

Unha feira en Betanzos

Tras seis meses de parón, este sábado e cun novo protocolo de distanciamento Sada recupera o feirón. Será con aforo limitado e tras instalar dispensadores de xel desinfectante en dez puntos da localidade.

Betanzos traballa en ampliar o recinto da feira para retomala tamén o día 1. Baralla estirar a feira pola avenida de Castela, entre outras ubicacións.