Reabre o complexo deportivo do Carregal

Piscina municipal cuberta. Imaxe do Concello

O Complexo Deportivo O Carregal reabriu onte as súas portas, tras botar o peche coa declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo. Conta cun novo horario a fin de poder garantir a seguridade das persoas usuarias.

Así, permanecerá aberto de luns a venres, de 7:30 a 14:30 horas pola mañá, e de 20:00 a 22:30 horas polas tardes. Os sábados, de 9:00 a 13:30 horas.