Publicadas as listaxes de admitidos e agarda nos campamentos estivais

Unha imaxe dun campamento infantil

O goberno local publicou no web municipal a listaxe de admitidos e de agarda nas tres quendas dos campamentos estivais que organiza o Concello de Betanzos. Poden consultarse no seguinte enlace.

Recórdase que as familias das e dos menores admitidas/os deben realizar a reserva da praza mediante o pago da cota, a través dunha transferencia na conta indicada, e deberase indicar o nome e apelidos do/a neno/a e como concepto “Campamento de verán Betanzos Concilia. 1.ª quenda/ 2.ª quenda/ 3.ª quenda”.

As persoas solicitantes que teñan o título de familia numerosa, condición que deben acreditar documentalmente, terán un desconto do 20% en cada fillo/a. Poderase realizar o pago ata o xoves 25 de xuño incluído.