Proposta de PXOM e informe de PEPOCH o último mes de lexislatura

O goberno local de Betanzos o último mes de lexislatura ten preparado un informe inicial do PEPOCH e tamén a proposta de documento de incio do PXOM. O concello de Betanzos carece de este instrumento de ordenación e séguese rexindo polas Normas Subsidiarias de Planeamento de principios dos 90.

Un PXOM que prevé máis de 2.200 novas vivendas nun concello e unha comarca que perden poboación

O borrador do plan urbanístico, segundo fixo público o xornal La Opinión, reduce lixeiramente a previsión de nova vivenda tras as críticas que suscitou o anterior documento polo seu crecemento “desorbitado”. O novo PXOM, aínda na súa fase máis inicial, prevé 2.210 novas vivendas en chan urbano -1.339 en urbano consolidado, 711 en non consolidado, ás que hai que sumar 160 de ámbitos que contan con plan subsistente-. Aos 2.210 novos pisos previstos en solo urbano, o borrador do plan engade 177 novas vivendas en urbanizable, como o que a capacidade máxima nos núcleos urbanos sería de 2.387 novas vivendas. A previsión é inferior á que recollía o anterior documento urbanístico, que  prevía en total, 2.697 novas vivendas en núcleo urbano, seiscentas máis que novo PXOM.

Os plans de crecemento residencial en núcleo rural mantéñense sen apenas variación. O borrador do novo plan expón unha “capacidade teórica de ata 892 vivendas” fronte ás 893 do anterior documento. En total, Betanzos prevé un tope de 3.279 novas vivendas no período de vixencia do PXOM (16 anos). O Concello recorta o crecemento en solo urbanizable e expón agora un único ámbito de expansión a través dun sector de Betanzos O Novo que abarca unha superficie de 2,5 hectáreas e cunha capacidade estimada de 150 novas vivendas.

A este sector habería que sumar un ámbito en Xanrozo, que inclúe unha serie de construcións xurdidas á marxe do plan e cuxa regulación supoñerá ampliar e parque inmobiliario en 27 novas vivendas, segundo recolle o borrador do plan xeral. O Concello rescindiu ata en tres ocasiones o contrato para a redacción deste documento.

Borrador do PEPOCH que ignora os resultados da enquisa de participación de 2017

O documento inicial do novo plan especial de protección e ordenación do centro histórico que deberá establecer as pautas que garantan a conservación e o desenvolvemento sustentable da zona monumental. Neste documento, o Concello establece unha serie de obxectivos xerais e aborda superficialmente unha materia pendente, obxecto desde hai anos de debate: a circulación no casco. O Concello avoga no seu plan por un “modelo circulatorio que faga posible a coexistencia pacífica entre circulación motorizada e peón”.

O Goberno local ha entregado á oposición o documento inicial do plan de protección do centro histórico que substituirá ao de 1992 na recta final do mandato. A lexislatura finaliza sen cambios normativos, tras o intento de dar luz unha ordenanza de regulación do parking exprés. O Concello habilitou unha enquisa a páxina web en xuño de 2017 para que a cidadanía dese a súa opinión sobre a normativa. Só participaron 55 persoas, das que 35 opoñíanse tamén ao aparcadoiro exprés no centro histórico.