Procesador de texto para crianzas, novo curso na Aula CeMIT

No mosteiro de San Domingos están a biblioteca, o arquivo, o Museo das Mariñas, a Aula CeMIT e a OMIX

A Aula CeMIT oferta unha nova actividade formativa estes días: do 8 ao 11 de xullo, terá lugar o obradoiro “Procesador de textos para nenas e nenos”, en horario de 10:00 a 11:30 horas.

Para máis información e inscricións, ata o día 05, as persoas interesadas poden dirixirse á propia aula e tamén na páxina web.

Estes días estase a celebrar outro curso, tamén dirixido a crianzas, sobre mecanografía.