Prazas cubertas no Curso de iniciación á comunicación en lingua de signos A1.1.

Servizos Sociais está nas Escolas do Asilo

O goberno local informou que o primeiro día da inscrición cubríronse as 20 prazas do Curso de iniciación á comunicación en lingua de signos A1.1, por orde de inscrición e preferencia das persoas empadroadas. O Concello pecha o prazo de inscrición e publica a listaxe de persoas admitidas e unha listaxe de agarda de 25 persoas no web municipal.

O Curso de iniciación á comunicación en linguaxe de signos A1.1. terá lugar nas Escolas Irmáns García Naveira entre o 18 de febreiro e o 7 de maio, os martes e xoves en horario de 20:00 h a 21:30 h. No caso de que o Concello realice proximamente outra edición do Curso de iniciación á comunicación en lingua de signos publicitarase toda a información no web municipal.