Poesía no comercio invade as tendas de lírica

Unha rúa comercial da cidade

O Concello de Betanzos e o equipo de dinamización lingüística do colexio Vales Villamarín puxeron en marcha por segundo ano consecutivo a campaña “Betanzos, poesía non comercio”.

A iniciativa comezou o pasado 23 de abril e prolongarase ata o próximo 31 de maio. A campaña pretende dar a máxima difusión aos máis de cen poemas escritos polo alumnado do centro escolar, en lingua galega.