Pecha a piscina a primeira semana das festas por “parada técnica”

Piscina descuberta de Betanzos. Imaxe do web municipal

A piscina do Complexo Deportivo do Carregal permanecerá pechada entre os días 12 e 18 de agosto. Segundo a empresa, será a causa dunha “parada técnica”, que coincide coa primeira semana dos festexos patronais, inzada de festivos de ámbito estatal e local, e fin de semana.

Porén, as instalacións do ximnasio, sala de musculación e bike só se verán afectadas do 15 ao 18, ambos os dous incluidos.