Pablo Vázquez gaña a cucaña

Un intre da cucaña co gañador caendo ao río. Imaxe do Concello

Dentro dos actos previos ás festas patronais de San Roque, onte celebrouse desde o Peirao das Monxas unha cucaña. Este deporte tradicional levaba arredor de vinte anos sen organizarse en Betanzos, onde fixo noutras décadas un número fixo dos festexos patronais.

Pablo Vázquez foi o primeiro en arrincar a bandeira do poste engraxado antes de rematar en augas do Mandeo. Recibiu como premio un suadoiro e un trofeo de metacrilato co logotipo do 800 aniversario do traslado da cidade.