Os Remedios manteñen a novena, pero non haberá procesión

Romaría dos Remedios. Imaxe de arquivo

A covid-19 suma unha ausencia máis á lista, xa longa, que ten ocasionado neste ano. A Virxe dos Remedios non sairá, o vindeiro 8 de setembro, a dar o seu percorrido anual polo barrio da Ponte Vella, do que é patroa. Os fieis terán que se conformar coa novena que a Igrexa mantén, coas medidas de distanciamento e seguridade instaladas no culto.

O horario dos cultos non variará con respecto a anos anteriores, pero redúcese o aforo do templo a 108 persoas, ubicadas en lugares alternos con sinalización nas bancadas do templo renacentista. Este, e o de San Domingos, son os templos abertos ao culto pola unidade pastoral de Betanzos.