
Cabalgata de Reis en Betanzos
Suspendida a tradicional Cabalgata, o Concello apostou porque os Reis Magos reciban a todos os nenos e nenas de Betanzos nun recinto con suficiente espazo para respectar as medidas de seguridade pola Covid: as pistas polideportivas cubertas do Carregal.
Alí instalarase un trono especial no que estarán SS.MM de Oriente e recibirán a partir das 17.00 horas a todos os nenos e nenas. As pistas contan cunha superficie adecuada para que se respecten as distancias e, ademais, en caso de choiva, “os máis pequenos estarán a cuberto”. Repartiranse tamén caramelos a todos os que asistan.
Os nenos e nenas poderán entregar as cartas aos Correos Reais que á súa vez as depositarán na caixa de correos real. Os nenos e nenas poderán saudar aos tres Reis Magos, que gardarán un mínimo de tres metros de distancia cos pequenos.
Antes de recibir aos nenos e nenas, os Reis Magos desprazaranse á residencia da Terceira Idade e ao colexio Pai Menni para saudar desde fóra aos residentes.