Os bombeiros de Betanzos rescataron onte un can que caera a un pozo

Ata o sinistro desprazouse unha dotación dos bombeiros de Betanzos

Os Bombeiros de Betanzos rescataron onte a un can que caera a un pozo en Abegondo “duns 15 ou 20 metros, abandonado e con auga”, asegurou o efectivo que se penetrou para sacar ao animal, xa tembloroso.

Os bombeiros recibiron aviso do 112 sobre as 18.30 horas, despois de que uns cazadores avisasen ao servizo de Emerxencias autonómico de que atoparan ao animal tras oír ladrar aos seus propios cans e ao que se caeu.

O can era de caza e tiña colar. Tras case dúas horas de rescate, os cazadores pretendían levalo ao veterinario para avaliar o seu estado de saúde e buscar ao seu dono polo chip.