Organizan unha edición especial das Balconadas para o 800 aniversario

Balconadas

Betanzos prepara unha edición especial das Balconadas dentro dos actos do 800 aniversario do traslado da cidade desde San Martiño de Tiobre ao Casco Histórico. O certame, de carácter bienal, celebrarase este ano, aínda que non correspondía, e a diferenza do habitual, o tema será Betanzos e a súa historia.

A convocatoria manterá a liberdade á hora de elixir a técnica coa que se executará a obra. O que varían son as medidas, que serán de 120×160 centímetros como mínimo e 150×200 como máximo. Recibiranse orixinais do 1 ao 30 de xuño e a exposición será do 24 de xullo ao 28 de agosto. Haberá un premio de 5.000 euros e dous de 1.500 e entregaranse o 13 de agosto.