O Via Crucis continúa hoxe coa programación da Semana Santa

Vía Crucis baixando a Fonte de Unta. Imaxe sacada da conta de facebook da confraría

Vía Crucis baixando a Fonte de Unta. Imaxe sacada da conta de facebook da confraría

A procesión do Vía Crucis percorrerá esta tarde as rúas do Casco Histórico, partindo da igrexa das Agostiñas Recoletas ás oito da tarde en dirección a San Francisco. Mañá fará o propio o Santo Encontro desde as nove e media da noite, saíndo de San Francisco e Santa María por unha banda e de Santiago por outra, para atoparse na praza da Constitución e despedirse na de Fernán Pérez de Andrade. O venres sairá o Santo Enterro desde San Domingos ás sete e media e a dos Caladiños ás dez desde San Francisco, e xa o sábado desde San Domingos sairá a Soidade ás seis da tarde. As previsións climatolóxicas son positivas, polo que parece que poderán saír todas.

Xornal de Betanzos non se publicará ata o luns

Con motivo destas xornadas festivas o equipo que facemos Xornal de Betanzos tomaremos uns días de descanso. A información volverá ás pantallas dos nosos lectores con total normalidade o luns.