O TSXG confirma unha multa a Arriva da Xunta por supostos incumprimentos na liña Betanzos-Pontedeume

Un autobús na praza do Campo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou nun fallo a sanción de 5000 euros que a Xunta impuxo a Arriva, concesionaria de varias liñas de transporte por estrada, por incumprimentos” do prego de condicións do contrato de xestión do servizo público de transporte regular de viaxeiros entre Betanzos e a zona de Eume.

A Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda acordara en xaneiro de 2018 impoñer unha penalidade de 5000 euros a Arriva como presunta autora de “distintos incumprimentos ” do contrato de transporte de bus entre Betanzos e a comarca eumesa. A empresa recorreu en reposición, e tras rexeitalo a Xunta acudiu á vía contencioso-administrativa.

O TSXG confirma a resolución por unha cuestión de forma: o recurso presentado pola empresa ía asinado a man, sen acreditar a representación da empresa, sen a sinatura electrónica que a normativa exixe. O TSXG sentenciou que “non se trata de rigorismo” senón de “cumprimento das normas que ordenan o proceder ante a Administración” e non se pode confundir “un sistema de presentación de escritos” coa “firma deses escritos”, que é obrigatoria. Agregou que a firma electrónica identifica o asinante de maneira inequívoca” e non se fixo ,polo que foi correcto dar por desistida a petición. Contra esta sentenza cabe recurso ante o Tribunal Supremo.