O tramo da AP-9 que une Betanzos coa Coruña, dos que máis suben en 2020

A peaxe da AP-9 en Macenda, en Piadela

A AP-9 rexistrará este entrante ano 2019 un incremento do 3,51%, mentres que a media nas peaxes do estado español é dun 1,67%. O treito Betanzos-A Coruña a suba será do 3,2%, un incremento moi superior a outros tramos similares da mesma AP-9. A entrada á Coruña por autoestrada desde Piadela ou Guísamo quedará, para os turismos, en 1,60 euros por viaxe.

BNG e goberno local coinciden en rexeitar esta suba autorizada polo executivo central. Dende a formación nacionalista sinalan que “é inadmisible que AUDASA siga engordando os seus beneficios a costa dos milleiros de galegas e galegos que usan diariamente esta infraestrutura sen ter outra alternativa rápida e segura libre de peaxes”. “Co aumento de prezos neste ano 2019, o custo da viaxe entre Ferrol e Tui supón 21,55 euros, o que representa uns ingresos diarios superiores aos 460.000 euros” exemplifican os nacionalistas.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, xa ten rexistrado unha iniciativa para rexeitar e demandar ao goberno local marcha atrás nesta suba e a formación condiciona o apoio á investidura do candidato do PSOE precisamente á transferencia da AP-9.

Desde o goberno local, aseguran que demandarán o apoio do Consorcio das Mariñas e a FEGAMP para buscar a gratuidade na viaxe de volta desde a Coruña. O executivo municipal asegura que a suba é un “agravio comparativo” e que levantar a barreira da autoestrada permitiría reducir atoamentos e sinistralidade na N-VI, que practicamente é unha avenida.