O tradicional xantar “dos 50” será este ano unha comida de masas no Pasatempo

Colexio de Orfas, sede do centro social de maiores do Concello. Imaxe de Turgalicia

En Betanzos acostúmase celebrar os 50 anos cun xantar con todas as persoas que naceron no mesmo ano. Pero este ano ese hábito verase alterado para conmemorar o 800 aniversario do traslado desde Tiobre.

Desta maneira, ao xantar das persoas nadas hai 50 anos sumaranse todas aquelas persoas que xa os cumpriron noutraos anos anteriores.

Así, será un xantar ao que se agarda que asistan centenares de persoas, para o que o Concello préstase a ceder o auditorio do Pasatempo e “mesas, cadeiras e unha gran carpa, ademais doutros servizos”, segundo indica nun comunicado. Será a comisión organizadora quen se encargue da comida e a súa organización.

A cita será o 14 de setembro, e para acudir hai qeu retirar as invitacións no centro social da terceira idade, no Cantón de San Roque. Para asistir será necesario retirar invitacións que terá un custo de 35 euros.