O punto limpo móbil do Consorcio estará no Campo hoxe e o vindeiro día 21

Moreas de lixo sen recoller a carón dos colectores soterrados. 

Hoxe e o venres 21 o punto limpo móbil do consorcio estará no campo de 9 a 13:30 h. O Consorcio das Mariñas puxo en marcha este servizo para facilitar a recollida de refugallos.

A entidade lembra que outro servizo a disposición da cidadanía do territorio do Consorcio As Mariñas é a recollida semanal de mobles e enseres domésticos. Chamando ao 981 795 524daranlle información de días e horas nas que o servizo se presta no seu concello.

Asimesmo, e mediante dous convenios de colaboración coa empresa Protección Medioambiental, S.L. (PMA,S.L.) procédese á recollida selectiva de aceites fritos usados e aceites minerais usados.