O PSOE xustifica a suba de salarios dos edís en que “a lei o permite”

O PSOE celebrando o resultado. En primeira fila o actual goberno. Foto do PSOE

O pleno de Betanzos aprobou onte co único voto dos dez edís do PSOE o incremento de dedicacións do equipo de goberno– que pasa de 3 a 5- e a suba das nóminas dos integrantes do executivo local.

O PSOE defendeu a súa proposta de incremento de todas as retribucións para o goberno local asegurando que a lexislación permite facelo. O equipo de María Barral sostivo que tiñan dereito a subirse o salario logo de que lle fose aprobada unha suba aos empregados públicos do 2,5%- en compensación coa retirada das pagas extraordinarias, recortes e conxelación salarial desde hai anos.

Ademais, o PSOE aludiu ás retribucións do bipartito de hai dezaseis anos para xustificar que ademais de tres dedicacións exclusivas, crease dúas parciais ademais de retribuír aos seus restantes edís incrementando e creando novas asignacións por asistir a órganos do Concello.