O PSOE négase a todo no último pleno da lexislatura

María Barral co bastón de mando do Concello

Nin actuar de urxencia no Pasatempo, nin adoptar medidas estruturais para evitar que desapareza a fábrica da luz nin solucionar os problemas derivados da baixa dunha profesora na escola infantil municipal. O PSOE quedou só no último pleno da lexislatura negando a necesidade de actuar para mellorar servizos ou preservar o patrimonio, como propuña a oposición.

O PSOE só buscou acordo para sacar adiante os títulos honoríficos que se lle atragantaran hai meses por non seguirse a ordenanza de honras no procedemento. Durante o debate aludiu en varias ocasións ao resultado electoral do pasado domingo como aval á súa xestión para negarse a pedir medidas de urxencia para salvagardar o parque enciclopédico do Pasatempo porque, aseguran, xa estan a tomar as medidas oportunas.

Os socialistas tamén se negaron a modificar as normas subsidiarias para eliminar calquera posibilidade de construír na parcela da antiga fábrica da luz, catalogada recentemente pola Xunta e cuxa protección recorreu Naturgy para lograr o seu obxectivo de demoler a fábrica. Os nacionalistas accederon a incluír unha emenda de BN para instar ademais a execución subsidiaria das obras de consolidación para evitar que empeore o seu estado e dado que a empresa propietaria.

E cos votos en contra do PSOE saíu aprobada tamén unha moción do BNG que demandaba a cobertura das baixas na escola infantil municipal. Os nacionalistas denunciaron o problema da falta de persoal neste centro municipal foi “unha constante en todo o mandato” e que non se cubría a baixa dunha profesora, o que podería levar a incumprir a ratio alumnado/docentes. O executivo municipal negou que se incumpra a cociente na escola e defendeu a calidade do servizo.