O PSOE critica que o goberno central non acceda a rehabilitar e ceder o antigo ambulatorio

O antigo ambulatorio

O antigo ambulatorio

O PSOE criticou onte que o PP votase en contra da emenda aos Presupostos Xerais do Estado a fin de destinar 100 000 euros para rehabilitar o antigo ambulatorio de Betanzos. O Concello quería destinar este edificio, que leva anos pechado, a usos socioculturais, pero o goberno central se nega a ceder este edificio, que só está disposto a poñer a disposición de Betanzos en réxime de aluguer.

Os socialistas reiterarán a súa solicitude no Senado tras ser rexeitada no Congreso. O PSOE cualifica de “grave” que o goberno central “rexeite estas cesións”, se opoña a que as instalacións teñan vida e deixen que pouco a pouco se deterioren sen darlle un uso a pesar das propostas e a disposición do Concello para buscarllo.