O PSOE aparta a Hermida da candidatura ao Parlamento

Andrés Hermida e María Barral nunha comparecencia. Imaxe do Concello

Tan só un cambio presentan as candidaturas que o PSOE presentará o vindeiro 12 de xullo ás eleccións ao Parlamento de Galicia con respecto ás rexistradas para a frustrada cita electoral do pasado 5 de abril. O 15 pola Coruña, un posto en principio simbólico, muda de titular.

O pasado 22 de maio o secretario xeral e candidato do PSOE á Xunta, Gonzalo Caballero, adiantaba que daban por boas as candidaturas do pasado mes de abril, a expensas de que o comité federal de candidaturas as avalase. Mais da relación de aspirantes cae finalmente Andrés Hermida. O PP exixira ao PSOE que retirase o nome do edil betanceiro tras ser sorprendido incumprindo as disposicións do estado de alarma e desatando unha tormenta na localidade.

O PSOE fai así a censura que María Barral evitou facer da conduta do edil.